Corticata

Campo de traballo en Corrubedo

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do territorio da Xunta de Galicia promovera no mes de Xullo de 2.017 o deseño e organización do campo de traballo de carácter ambiental no parque natural Complexo dunar de Corrubedo e as Lagoas de Carregal e Vixán dentro das actuacións de promoción e divulgación dos valores naturais nos parques naturais de Galicia.

A temática deste campo de traballo será medioambiental, onde se levaran a cabo actividades de mantemento e conservación, eliminación de plantas alóctonas, vixía de incendios, labores de información e sensibilización do visitante e intervencións puntuáis de mellora do espazo natural.

Esta actuación esta cofinanciada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020.

 

corrubedo

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.