PROXECTO GALP - Corticata
Empresa dedicada en ofrecer visitas guiadas por el entorno de "as rías baixas", cambados, Vilagarcía, O Grove... Disfruta de un turismo medioambiental.
Visitas guiadas, Visitas guiadas por Cambados, Visitas guiadas en Cortegada, Visitas Cortegada,, Visitas Cortegada, Visitas guiadas Cambados, visitas guiadas Villagarcía, Visitas guiadas Rías Baixas, visitas guiadas Pontevedra, visitas guiadas o grove, visitas guiadas ria de arousa, visitas Parque nacional illas atlánticas, visitas cies, visitas guiadas cies, visitas guiadas ons, turismo medioambiental.
51166
page-template-default,page,page-id-51166,eltd-core-1.0.3,ajax_fade,page_not_loaded,,borderland child-child-ver-1.0.0,borderland-ver-1.13,vertical_menu_enabled, vertical_menu_left, vertical_menu_width_290,smooth_scroll,wpb-js-composer js-comp-ver-4.12,vc_responsive

Promoción de rutas accesibles na contorna natural do arquipélago de Cortegada

(ACTIVIDADES TURÍSTICAS E AMBIENTAIS)

Trátase de realizar e combinar nunha xornada a visita ao Arquipélago de Cortegada que pertence ao PNIA, como eixe principal coa visita aos viveiros de Carril, os lombos do Ulla, a lonxa de Carril, as bateas, a ruta traslatio ou a conserveira “Os peperetes” co fin de dinamizar o sector e dar a coñecer unha contorna natural de grande interese paixasístico e medioambiental. Así como a creación de rutas virtuais e actividades deportivas.

Referencia normativa:

Orde do 9 de Xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratéxias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro.

Convocatoria – ano: 2018

Data de aprobación: 13/09/2018

proxecto galp

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto:

  1. Ser referente dinamizador dos recursos marisqueiros e naturais da zona.
  2. Incrementar o turismo mariñeiro e de natureza na localidade de Vilagarcía a través da posibilidade de practicar actividades de lecer. Como se describiú no apartado anterior, Vilagarcía atópase na área de influencia socioeconómica do Parque Nacional das Illas Atlánticas, motivo polo que é necesario aproveitar as sinerxias que isto supón.
  3. Promocionar actividades deportivas en contacto coa natureza. Vilagarcía carece actualmente de empresas que oferten actividades deportivas e de lecer en contacto coa natureza que cubran as necesidades dos visitantes tanto o PNIA como a conttorna natural.
  4. Ofertar e promocionar actividades turísticas accesibles. Na actualidade, case a totalidade das rutas ou actividades que se levan a cabo na contorna de Vilagarcía de Arousa (Arquipélago de Cortegada, desembocadura do río Ulla, etc.) non son accesibles a todas as persoas, de xeito que o que se pretende é achegar os recursos naturais e educativos a través do deseño de rutas accesibles, coa incorporación dunha embarcación e material deseñado para cumprir con este obxectivo.

Principais actividades do proxecto:

 

Trátase de realizar e combinar nunha xornada a visita ao Arquipélago de Cortegada que pertence ao PNIA, como eixe principal coa visita aos viveiros de Carril, os lombos do Ulla, a lonxa de Carril, as bateas, a ruta traslatio ou a conserveira “Os peperetes” co fin de dinamizar o sector e dar a coñecer unha contorna natural de grande interese paixasístico e medioambiental. Así como a creación de rutas virtuais e actividades deportivas.

Por outra banda, tamén parece necesario adecuar a oferta do territorio á chegada de novos visitantes interesados pola natureza, e concienzados coa calidade e a conservación do territorio que visitan. Así mesmo, é preciso identificar novos segmentos de demanda e novas actividades que permitan desestacionalizar as experiencias.

1ª Parte da ruta: Visita a Illa de Cortegada.

2ª Parte da ruta:

  • Visita aos bancos marisqueiros (Viveiros Carril ou lombos do Ulla, as bateas, ruta traslatio)
  • Parte da ruta: Actividade visita á lonxa.
  • Parte da ruta: Actividade visita á conserveira tradicional “Os Peperetes”
  • Rutas en Kaiak: Actividade visita ao arquipélago de Cortegada.

Obxectivo estratéxico da EDLP:

  1. Creación de emprego e oportunidades económicas a través da diversificación da economía local das zonas pesqueiras cara novas actividades económicas, entre elas as que ofrece o crecemento azul e os sectores marítimos en senso amplo, favorecendo a formación, a innovación e o fomento do emprego.

Obxectivo específico da EDLP:

2.2. Incrementar a diversificación do sector pesqueiro cara as actividades turísticas, traballando nunha estratexia integrada na zona costeira e facendo fincapé no turismo mariñeiro.